EQUO pide transparencia e aposta por unha alternativa sostible.

Hoxe celebrouse a andaina-coloquio nos espazos afectados polo proxecto do centro comercial da empresa Eurofund, organizado por EQUO Pontevedra para debatir sobre os pros e contras do mesmo.

EQUO Pontevedra dá por exitosa á convocatoria onde lle puideron explicar aos numerosos asistentes: membros da Comunidade de montes, incluidos membros  da directiva, propietarios particulares, etc. unha postura alternativa  á venda dos terreos  sostible no tempo.

EQUO Pontevedra  denuncia o oscurantismo que está a protagonizar o proceso de venda dos terreos. Os comuneiros a sete días da asemblea onde terán que tomar unha decisión non teñen información algunha sobre o proxecto de Eurofund para o monte de Cabral. Os propietarios particulares tampouco a teñen. Os directivos da Comunidade presentes mostráronse reservados e remitiron aos comuneiros á asemblea do 21 onde tras recibir dita información terán que decidir nunha votación a man alzada vender a maior parte dos terreos mancomunados ou conservalos.

Durante a andaina os veciños alí presentes reclamaron transparencia, que na asemblea do vindeiro domingo o único punto do día sexa a de recibir a información sobre o proxecto do macro centro comercial Porto Cabral e a convocatoria dunha segunda asemblea extraordinaria para exercer o seu dereito ao voto en furna.

Imaxe da Andaina-coloquio no Monte de Cabral

EQUO propón alternativas de futuro. Os montes galegos, incluido o de Cabral, cunha ordeación forestal e unha xestión axeitada, poden ser fonte de beneficios económicos fixos para os seus propietarios en mancomún ou particulares, e para a toda a sociedade. A xestión dos múltiples productos forestais en madeira, froitos, cogomelos, espacios de lecer e esparcimento, etc. poden ser unha fonte de emprego local, sostible e perdurable. Ademáis dos beneficios sociais  como pulmón verde, tamén podería ser lugar axeitado para as propostas dos veciños de Cabral coma un centro de maiores mancomunado.

O proxecto non so afecta a terras da Comunidade.  Tamén  perigan as vivendas de varias familias xunto outras propiedades particulares. E todos os habitantes da comarca somos beneficiarios do monte de Liñairiños percorrido na andaina hoxe. Ademáis o sendeiro panorámico de Vigo cruza os terreos, entre outros roteiros do Cinturón verde de Vigo, que para EQUO Pontevedra débese protexer no seu conxunto como recurso estratéxico que a maiores protexe a saúde da cidadanía.

EQUO Pontevedra, pide que se reflexione sobre o modelo dos macrocentro comerciais e a calidade dos empregos que se prometen pola empresa promotora lembrando a situación actual dos traballadores do sector, contínuamente vapuleados. Podemos ver en Vigo que este modelo destrúe emprego no comercio de proximidade. As tendas de barrio  crean moitos máis postos de traballo por metro cadrado de superficie comercial. EQUO aposta polo pequeno comercio de Cabral e de toda a comarca.

EQUO cuestiónase a necesidade dun novo centro comercial para a comarca e se os comuneiros precisan vender os terreos. E pide á directiva da Comunidade dos montes de Cabral que se escoite a petición de transparencia dos comuneiros e que se inclúa na información o plan de reinversión do capital en caso de saires aprobado o proxecto de Eurofund.

Imaxe da Andaina-coloquio no Monte de Cabral

EQUO é un partido político, que pretende aglutinar a persoas en prol de obxetivos como a sustentabilidade económica, ambiental e social, contra o cambio climático e en defensa dos Dereitos civís.

Deixa unha resposta