EQUO pide que Vigo prohiba o uso e exhibición de animais en calquera espectáculo

Unha vez máis un circo onde o espectáculo se centra na exhibición e doma de animais salvaxes acude a cidade olívica. EQUO Pontevedra diríxese á concelleira de Medio Ambiente do Concello de Vigo Chus Lago para que tome medidas. 

Os espectáculos dos circos poden parecer pouco violentos, porén para os animais son unha condea a cadea perpétua e traballos forzados. Os espazos de descanso e custodia son mínimos para ese tipo de animais de grandes dimensións acostumados a vivir en grandes territorios abertos o que deriva en problemas de saúde. A privación dun espazo acorde as súas caracterísitacas e o seren empregados diariamente en funcións co único interés de sacar un beneficio económico sen pensar no seu benestar.

Por todo isto, EQUO solicita ao Concello de Vigo que reflexione e que coloque á cidade olívica na vangarda das cidades europeas tomando as seguintes medidas:

–          A prohibición de uso ou exhibición de animais en calquera espectáculos no Concello de Vigo, incorporando así a cidade olívica á longa lista de concellos que encabeza Barcelona.

–          O compromiso firme e público do Concello de Vigo a non subvencionar nin promocionar ningún evento ou espectáculo no que se usen animais, aínda considerándose tradicional.

[pdf: 2012.11.19-Carta a Chus Lago-Prohición Espectáculos con Animais ]