EQUO organiza unha experiencia piloto de compostaxe en Navia

EQUO quere facer partícipe á cidadanía de Vigo na súa aposta pola redución de residuos xerados nos nosos fogares.

O meirande problema dos diferentes sistemas de xestión de residuos é o volume dos mesmos, moitos deles innecesarios.E o problema agrávase cando miramos ao contedor de restos, en Vigo de cor verde escura.

Para reducir o volume de materiais a reciclar, o compromiso comeza ao facer a compra. Todo embalaxe que non se compra non é preciso separalo na casa e transportalo ao contedor adecuado, ademais de enviarlle unha clara mensaxe ao fabricante. Pero de todo o “lixo” que os galegos enviamos a Sogama, un 40% é materia orgánica compostable. Este volume é maior ca no resto de España polos nosos hábitos alimenticios. Sen embargo, lonxe de tratalo coma un recurso para o noso agro, os concellos galegos páganlle para que o queimen.

EQUO quere adicar á Semana Europea pola Prevención de residuos a recapacitar sobre a xestión da materia orgánica doméstica, e convida á cidadanía viguesa a participar nunha experiencia piloto de compostaxe comunitaria. Trátase de facer a separación da fracción orgánica na casa durante a semana do 18 ao 22 de novembro coincidindo coa Semana europea pola Prevención de Residuos, pesala e achegala ao compostador comunitario habilitado para tal fin.imaxe-campaña-europa-reduce-residuos

CALENDARIO DE RECOLLIDA

ONDE?
Cruzamento da Rúa Teixugueira con Rúa Limpiño
CANDO?
Xoves 21 novembro, das 19:30 ás 20:30
Domingo 24, das 17 ás 18
Martes 26, das 19:30 ás 20:30
Xoves 28, das 19:30 ás 20:30

EQUO quere mostrar con esta acción que a materia orgánica, coma outras materiais, é reciclable, non un resto. Tamén deixar ver que é doado xestionala localmente, sen ter que transportala máis de 100km para que sexa queimada logo de engadirlle combustibles fósiles.

EQUO defende a xestión local da materia orgánica como un aforro para os concellos ao rebaixar o importe a pagarlle a Sogama por tonelada xestionada, reducindo á factura ata nun 40%. Por outra banda responsabilizándonos dos residuos que producimos nos mesmos tamén crearemos emprego na nosa comunidade.

panfleto_compostaxe_1

panfleto_compostaxe_2

Deixa unha resposta