EQUO nas actividades do12M15M

Benqueridas amigas e amigos:
Como xa saberedes, o movemento 15M está a organizar diversas actividades por todo o estado para reivindicar as rúas como espazos para o traballo colectivo. Estas actividades comezarán cunha manifestación o 12 de maio ás 19h, que en Vigo arrincará da Praza de España. Nos estaremos na parada do bus urbano.

Por outra banda seguimos coas ganas de conxugar gastronomía e activismo. En coordinación con Amigos da Terra e o colectivo do 15-M, estamos a preparar unha actividade de freeganismo (o arte de alimentarse coa comida que os supermercados tiran ao lixo). Con tal fin vos convidamos a participar nunha segunda sesión de ConTenedores. O sábado pola noite o rematar a manifestación, na praza de Ribadavia (farola Urzáiz-Colón) ás 21:00 horas, propómosvos facer unha sesión de liberación de alimentos, para logo con fornos e cociñas solares -se o tempo o permite- desfrutar dun xantar colectivo no domingo 13.

Xa o martes 15 de maio, EQUO Pontevedra montará unha mesa dentro da feira de alternativas ao sistema político-económico organizada polo 15-M Vigo, na praza de Ribadavia (farola Urzáiz-Colón) desde ás 16:00 h. Na mesa trataremos de informar ás persoas que se acheguen da necesidade de terminar co uso das bolsas de plástico e de reducir no posible os envases dos productos que mercamos habitualmente. Para tal fin contaremos cunha mostra dos diferentes envases empregados no sector alimenticio, teremos diversas alternativas para sustituir ás bolsas plásticas. Repartiremos panfletos informativos.

Sabendo que EQUO non depende de créditos da banca nin doazóns de transnacionais teremos chapiñas para atraer alguna doazón e así sufragar os gastos desta actividade. Outra cousa importante que precisamos son voluntarios para estar na mesa. Para apuntarvos como voluntarios nesta actividade mándade un correo a equopontevedra@proyectoequo.org ou anotádevos no evento do Facebook.

En todo caso, convidámosvos a participar nas moitas actividades programadas do 12M15M e a facernos unha visita para poder coñecernos un pouco máis de cerca.
Equo es ti. Equo somos todos.
Unha aperta equánime.
Óscar Milego
Co-cordinador de EQUO Pontevedra

Deixa unha resposta