EQUO máis EU cuestionan a viabilidade do proxecto de Eurofund en Cabral.

Esquerda Unida e EQUO cuestionan a viabilidade do proxecto de Eurofund en Cabral, e prega por un proceso mais transparente cos veciños, que a día de hoxe descoñecen o proxecto do centro comercial que vai ocupar case a totalidade dos terreos da comunidade de montes.

EQUO e EU califica a Eurofond de exemplo de compañía que deseña centros comerciais co modelo norteamericano de “liberdade absoluta de horarios”, como así ten reiteradamente denunciado IU na cidade de Zaragoza do seu centro Puerto Venecia ou mesmo unha compañía con proxectos parados polos concellos pola falla de credibilidade financeira como en Collado Villalba. Este centro comercial será a tumba do pequeño e mediano comercio en Vigo xa que tememos que como en Zaragoza, se pida a declaración de “zona de afluencia turística” que permite liberdade absosulta de apertura nos comercios e negocios que conteña.

Propoñemos alternativas de futuro. Os montes galegos, incluido o de Cabral, cunha ordenación forestal e unha xestión axeitada, poden ser fonte de beneficios económicos fixos para os seus propietarios en mancomún ou particulares, e para a toda a sociedade. A xestión dos múltiples productos forestais en madeira, froitos, a concesion de negocios de hostelería e turismo activo, espacios de lecer e esparcimento, etc. poden ser unha fonte de emprego local, sostible e perdurable, sen a conseguinte destrucción dese espazo natural. Ademáis dos beneficios sociais como pulmón verde, tamén podería ser un lugar axeitado para as propostas que reclaman parte dos veciños de Cabral, coma un centro de maiores.

Vigo precisa doutra acción económica, especialmente orientada á defensa do tecido industrial xa creado como a industria naval e de automoción, que sería capaz de absorber máis do 50% do desemprego local según datos das propias centrais sindicais. Unha política impositiva xusta que evite as “vacacións fiscais e impositivas”de determinados sectores económicos e que prime o de “quen máis ten, máis pague”.

Igualmente consideramos un “eloxio ao exterminio do pequeño comercio” a apertura dun novo macrocentro comercial e de ocio en Cabral e lembra que esta empresa é especialmente insistente en conquerir a “liberdade absoluta de horarios de apertura” nos centros que xestiona.

O proxecto non so afecta a terras da Comunidade. Tamén perigan as vivendas de varias familias xunto outras propiedades particulares. Todos os habitantes da comarca somos beneficiarios do monte de Liñeiriños. Ademáis o sendeiro panorámico de Vigo cruza os terreos, entre outros roteiros do Cinturón verde de Vigo, que polo ben de todos os vigueses se débe protexer no seu conxunto como recurso estratéxico, e que a maiores protexe a saúde da cidadanía.

EU e EQUO apoian os veciños e a Asociación de afectados de Liñeiriños que reclaman transparencia no proceso de decisión. Ademais solicitan a convocatoria de sendas asembleas extraordinarias, unha para recibir a información sobre o proxecto do macrocentro comercial Porto Cabral e outra asemblea extraordinaria para exercer o seu dereito ao voto en furna.

Esquerda Unida EQUO Pontevedra

Deixa unha resposta