EQUO Galicia solicita á Xunta Electoral a retirada da recomendación de que se leve o voto preparado desde casa

A Xunta de Galicia está vulnerando o principio de igualdade de oportunidades ante a cita electoral do 12 de xullo na resolución do 29 de maio de 2020, na que a Secretaría Técnica da Presidencia da Xunta de Galicia recomendaba asistir co voto preparado desde o domicilio.

Entendemos que unha parte importante das candidaturas non ten a capacidade loxística nin económica para enviar o voto por correo aos electores e, polo tanto, estase facendo unha recomendación que só favorece ás grandes candidaturas, posto que se pide escoller por unha das que se fagan chegar aos domicilios. EQUO Galicia considera que se a Xunta mantén a recomendación, debería facer un envío único de todas as papeletas, o que tamén supón unha redución da pegada de carbono na loxística electoral.

Equo Galicia fixo chegar esta protesta ante a Xunta Electoral e considera este un dos moitos exemplos de como desde a Xunta de Galicia están a “ignorar” candidaturas pequenas. Pese a todo, isto non nos fai perder a ilusión e estamos preparadas para levar a ecoloxía ao Parlamento nos vindeiros comicios.

Comments are closed.