EQUO Galicia responde ás declaracións de Carlos Mantilla

 

EQUO Galicia quere mostrar a súa indignación ante as declaracións de Carlos Mantilla, ex-deputado do Partido Popular, nas que conclúe que a financiación de todos os partidos políticos é en parte ilegal.

Ante estas declaracións EQUO Galicia quere deixar claro que non se pode considerar como algo normal que os partidos obteñan diñeiro de maneira ilícita tal e como se desprende das declaracións mencionadas. Así mesmo, queremos deixar claro que EQUO é un partido político no que non existe ningún tipo de financiación ilegal e onde todas as súas contas son transparentes e accesibles aos cidadáns.

Polo tanto, EQUO Galicia critica que os partidos políticos que así o fagan, se financien mediante donacións ilegais ou diñeiro proveniente de actividades ilícitas. 

Denunciamos tamén que os partidos fagan un gasto excesivo, como se vén demostrando, para as súas campañas publicitarias tanto en época de eleccións como fóra delas. Os partidos políticos deben aplicar o principio de austeridade que tanto esixen aos cidadáns e non facer un dispendio esaxerado dos seus recursos.

Deixa unha resposta