EQUO Galicia reclama a retirada da campaña #VoudeSúperFeirón por ser un anuncio encuberto dos grandes distribuidores

Presenciamos indignados como os Conselleiros de Medio Rural José González, y del Mar, Rosa Quintana din que defenden ao sector primario dende un supermercado. Resúltanos complicado entender como é que se pode defender aos produtores promocionando o “super feirón” das grandes superficies promovendo estes modelos de negocio como substitutivos dos mercados de proximidade non sedentarios.

Lembramos que estes mercados nos que se lle pode mercar aos produtores directamente e sen intermediarios xa están abertos, despois de moitas idas, venidas, confusión e reclamacións tanto á Xunta como á delegación do goberno. Non entendemos como é que despois de ter pechados estes mercados mentres a gran distribución podía abrir, agora se facilita a “suplantación” a identidade dos labregos en favor dos supermercados desde as propias institucións.

Dende EQUO Galicia, reclamamos a retirada da campaña #VoudeSúperFeirón por ser un anuncio encuberto da gran distribución que pouco ou nada axuda aos nosos produtores senón que os presiona canto pode e non remunera en condicións de xustiza.

Entendemos que con estas campañas, a Xunta de Galicia beneficia aos intereses duns poucos en detrimento dos labregos, do pequeno comercio alimentario, das prazas e das tendas de barrio xa que prexudica directamente aos actores máis pequenos e perturbando a competencia. Dende o noso partido consideramos que non solo importa o produto que mercamos senón a quen llo compramos, polo que non é beneficioso desviar aos consumidores das canles máis directas.

Comments are closed.