EQUO Galicia quere mostrar as súas condolencias polo accidente de tren de Agrois

Desde EQUO Galicia queremos expresar a nosa consternación polo tráxico accidente do tren Madrid – Ferrol ocorrido esta tarde nos arredores de Santiago de Compostela co resultado de numerosas vítimas mortais e persoas feridas de gravidade.

Nestes momentos difíciles para todos os familiares das vítimas e os feridos queremos amosar as nosas condolencias por este dramático accidente sufrido na véspera do Día de Galicia, no que deben ser suspendidos todos os actos festivos.

Toda a comunidade de EQUO Galicia quere trasladar ás familias e amigos a súa solidariedade e apoio por este triste suceso. Confiamos e desexamos que as nosas administracións actúen co máximo respecto e atención.

 

vía EQUO Galicia

Deixa unha resposta