EQUO Galicia presentan un recurso de reposición contra o acordo do Concello de Lugo polo que se dá vía libre a novas construcións nas proximidades do río Miño ao amparo da estratexia DUSI

No seu recurso as xentes de EQUO Galicia en Lugo, denuncian a ausencia de seriedade do Concello á hora de licitar uns proxectos de execución sen coñecer a realidade do territorio nin as alternativas menos lesivas para o medio ambiente e igualmente viables.

Entenden por exemplo, que deben terse en consideración as melloras en canto á formulación de conexión das actuacións coa contorna, con elementos protexidos como o Pepri ou o “Río Miño”.

Por último, lembran que o Concello como casa de todas e todos, teríase que abster de asinar contratos con empresas que tivesen incumprimentos contractuais previos co consistorio, como ocorreu co contrato da Fábrica da Luz, nin moito menos con empresas que provocasen sancións ás arcas municipais.

Está claro que as Administracións Públicas deben ter en conta nas súas decisións o ben común e tentar sempre de dar exemplo, así como tentar minimizar todos os riscos que poidan supoñer un prexuízo para os administrados e administradas.

Rio_Miño