EQUO Galicia mostra o seu apoio ó activismo pacífico e cívico demostrado no #25S.

EQUO Galicia considera que as demostracións que estamos a ver con motivo do #25S son unha expresión máis do descontento, do malestar e do sufrimento que está a padecer a maioría da sociedade, inmersa nunha crise que non creamos, e a cal non ten visos de remitir, se continúan as políticas de recortes draconianos fomentadas dende o goberno.

O actual goberno mostra una carente falta de empatía ante esta situación, criminalizando aos integrantes dunha demostración pacífica. O propio ministro Wert mencionaba que o #25S aparece como “carente de sentido político e carente de fundamento democrático”, exemplificando esa desconexión.

EQUO Galicia quere mostrar o seu total apoio e compromiso coa liberdade de expresión e a manifestación dun activismo cívico e pacífico cheo de ideas e propostas que todas debemos procurar escoitar. O exercicio da democracia participativa esíxenolo. A procura do ben común esíxenolo.

EQUO Galicia tamén quere máis e mellor democracia.

2 Comments

  1. Ezpala Oscura

    Entonces el 29S ¿Equo Galicia estará junto a la gente que se volverá a congregar en Neptuno? Sería una forma real de demostrar que su apoyo es sincero y real. Ya saben, hecho y no palabras. Y ya si fletan autobuses para que la gente pueda venr desde galicia o acuden a las movilizaciones de apoyo que se estan organizando en Galicia sería el no va más.

  2. Antes de nada, grazas por comentar nesta páxina.
    EQUO xa estivo na concentración do 25S. E os membros galegos tamén están a participar nas concentracións nas vilas galegas pola liberación das persoas inxustamente detidas nas movilizacións. Agora ben, cada membro de EQUO Galicia terá que decidir se pode ir ou non aos actos deste sábado en Madrid ou se unirán aos paralelos en Galicia.

Deixa unha resposta