EQUO Galicia fai a súa valoración sobre os resultados da Alternativa Galega de Esquerda

EQUO Galicia celebrou este sábado 27 de outubro en Santiago de Compostela unha Asemblea Extraordinaria para valorar a campaña electoral así coma os resultados obtidos nestas eleccións pola Coalición Alternativa Galega de Esquerda. Expresamos a nosa satisfacción pola consecución dun grupo parlamentario propio e a superación de todas as previsións ao alcanzar 9 escaños no Parlamento Galego.

A análise de EQUO Galicia sobre a coalición Alternativa Galega de Esquerda leva á conclusión de que a súa fortaleza está na súa radical unidade da esquerda galega con vocación aperturista doutras forzas políticas que manteñan esta filosofía aberta á Democracia Participativa.

EQUO Galicia renova este compromiso coa coalición Alternativa Galega de Esquerda con vocación de ser o voceiro da cidadanía activa de Galicia; revelándonos contra o actual sistema que está a destrozar os dereitos das clases traballadoras aumentando
inaceptablemente as desigualdades sociais. Desde EQUO Galicia reivindicaremos un verdadeiro camiño de Equidade social que sexa consecuente cos nosos recursos naturais para acadar a sustentabilidade de Galicia.

Enviamos a toda a cidadanía unha mensaxe de agradecemento pola súa confianza depositada en Alternativa Galega de Esquerda e asumimos a responsabilidade que iso conleva comprometéndonos a defender as demandas cidadás en prol dos Dereitos Sociais e do Medio Ambiente.

3 Comments

  1. El PP revalida y amplia su mayoría absoluta, y se supone que la cesión de Equo en favor de la Alternativa Galega de Esquerras se justificaba por la necesidad de pararlos. Visto que no se ha parado al PPdG parece lógico plantearse si fue necesario sacrificar una candidatura verde autónoma en favor de … no se sabe qué.

  2. Estimada Mediovacía, é certo que non se acadou o principal obxetivo da coalición que era evitar outra maioría absoluta do Partido Polular en Galicia. Se ben agora temos parlamentarios no Pazo do Horreo, e temos unha responsabilidade adquirida coa xente que depositou a súa confianza na coalición. Temos a oportunidade que políticas sustentables cheguen ao Parlamento galego e que estas sexan debatidas. Tamén é certo que difícilmente serán aprobadas dado o reparto dos escaños, pero eso non debe frearnos na nosa actividade. O traballo agora segue, ademáis de na rúa, no Parlamento.

  3. Tedes? Teñen IU e Anova (ou o señor Beiras, que é o mesmo), Equo non ten nada máis do que o resto lles permita. Unha coalición electoral é iso. Unha mágoa.

Deixa unha resposta