EQUO Galicia desmárcase da coalición de Anova-EU-Podemos

A asemblea  decidiu tomar esta decisión cun 68% dos votos na súa consulta telemática.

EQUO Galicia quere manifestar que, ante a repentina viraxe que tomou o espazo de confluencia de base cidadá que se estaba a artellar en torno ao Encontro Cidadá por unha Marea Galega, no que viñamos participando xunto a outras forzas políticas, e que entendemos se converteu nunha Coalicion de tres partidos que incumpre practicamente a totalidade do acordado e xa traballado en común, decidimos desmarcarnos da mesma.

Esta decisión tómase tras a asemblea de EQUO Galicia que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado luns 2 de novembro e a posterior votación telemática de onte, xoves 5 de novembro, co voto a favor do 68% dos votos.

EQUO Galicia

 

Deixa unha resposta