EQUO Galicia convida a apoiar a Iniciativa Cidadá Europea por unha Renda Básica

Desde EQUO Galicia apoiamos a iniciativa e animamos a asinala.
Podedes facelo a través da web https://es.eci-ubi.eu/ . O prazo para asinar é ata o 24 de Setembro de 2021.
 
Con esta iniciativa, esperamos que a Comisión Europea presente unha proposta de Rendas Básicas incondicionais en toda a UE. Para iso, necesítanse polo menos un millón de firmas obtidas en polo menos 7 países da Unión.
 
O Consello Europeo, o Parlamento Europeo e a Comisión Europea, aprobaron unha declaración conxunta en 2017, que afirmaba que “a UE e os seus estados membros tamén apoiarán sistemas de protección social eficientes, sostibles e equitativos para garantir a renda básica”. Agora queda dar o seguinte paso  e establecer a Renda Básica Universal en todo o ámbito europeo.
 
Apoia a iniciativa asinando a iniciativa cidadá europea !

Comments are closed.