EQUO Galicia considera inaceptable o trato de favor do Concello de Lugo cara á empresa INCA Servicios e Ingeniería S.A.

A EQUO resúltanos lamentable que o consistorio adxudique á mercantil as tarefas de execución dos cinco primeiros tramos do proxecto “Da muralla ao Miño-Muramiñae” no marco do programa de desenvolvemento urbano Edusi.

 

Hai que lembrar que INCA xa foi no seu momento a concesionaria das polémicas obras da “Fábrica da Luz”, autorizadas a nivel municipal e paralizadas pola Confederación Hidrográfica do Miño (CHM) polos posibles danos ambientais derivados da súa instalación.

Agora, e de maneira incomprensible, o Concello de Lugo encarga á mesma empresa a posta en valor da Zona de Ou Carme e a súa adecuación ambiental, a remodelación do lugar da Volta da Viña, a infraestrutura subterránea da N-VI e a súa conexión co Anxo Carro, cinco proxectos cun orzamento total que alcanza os 12,5 millóns de euros, dez dos cales son financiados con fondos europeos.

Obras desmonte dique ilegal de INCA no Miño

Unha afronta á veciñanza de Lugo

Ante esta situación, EQUO Galicia considera que as autoridades municipais están a actuar á marxe do interese xeral e a favor dunha empresa que reiteradamente mostrou o seu desprezo polos bens públicos e a protección do patrimonio natural e cultural no que supón unha clara afronta para a cidadanía.

Empresa que, ademais, tivo unha actitude matonil ao atacar xudicialmente a todos aqueles colectivos que de maneira ordenada e democrática fixéronlle fronte, como a Plataforma “Lugo de cara ao Miño” e a organización ecoloxista ADEGA, demandas que en todos os casos foron desestimadas.

Finalmente, desde EQUO Galicia demandamos seriedade ás institucións e considera que esta actitude fai un fraco favor á imaxe de transparencia e responsabilidade que debería emanar da actual corporación municipal.