EQUO Galicia celebrou Asemblea Ordinaria na que se trataron os importantes retos de 2020

A asemblea celebrouse o pasado 25 de Xaneiro en Compostela. Néstor Vázquez e Stephy Ordóñez, covoceiros de EQUO Galicia, presidiron esta asemblea na que se fixo unha valoración de 2019 e das diferentes citas electorais nas que participou EQUO. O debate tamén se desenvolveu en torno ao traballo interno e das melloras que se poden levar a cabo.

Unha parte do debate estivo motivado polas próximas eleccións autonómicas en Galicia, nas que EQUO quere estar presente para ofrecer aos electores galegos unha candidatura que defenda a ecoloxía política.

Comments are closed.