EQUO Galicia apoia unha desescalada asimétrica

As realidades das distintas comunidades autónomas son distintas e, ademáis, pode haber tamén diferencias entre as zonas urbanas e rurais. Por este motivo, apoiamos que a desescalada vaia a ser cautelosa, progresiva e  asimétrica.
No noso caso, a poboación está dispersa no medio rural. Por sorte, o contaxio nesas zonas ten sido moito menor e, polo tanto, entendemos que o desconfinamento debería comezar por ahí. O pequeno comercio local e servizos públicos poderían empezar a recuperarse nas vilas e nas aldeas.
Por suposto, entendemos que a primeira medida para levar a cabo unha desescalada sería poñer en marcha todos aqueles protocolos que permitisen evitar o rebrote da enfermidade. Porén, unha vez, garantidos eses procedementos, deberíamos poder reabrir todos eses pequenos negocios no rural xa que tememos que se prolongamos innecesariamente o confinamento onde xa non ten razón de ser, contribuamos a empeorar o problema do despoboamento rural.
Por outra banda, esiximos que se lle permita á poboación rural poder acceder as súas hortas estean a 500 metros ou non xa que moitas familias cultivan para o seu autoconsumo e non todas teñen as terras tan preto das súas casas.

Comments are closed.