EQUO Galicia apoia as reivindicacións da Plataforma “Salvemos o Malecón” de Monforte

A próxima construción dunha nova ponte para o tráfico rodado sobre o río Cabe, provocou que a cidadanía de Monforte mobilícese para pedir ao Concello a paralización do proxecto.

A plataforma “Salvemos o Malecón” está a realizar un gran traballo de información e concienciación acerca deste proxecto e das consecuencias negativas que terá, como o aumento do tráfico rodado polo centro histórico de Monforte ou a alteración do espazo natural do Malecón.

Como partido Verde que somos, identificámonos cos ideais que persegue a Plataforma a favor dunha mobilidade sostible en Monforte. Estamos convencidos de que o futuro pasa pola redución dos vehículos contaminantes no centro das cidades para que sexan lugares de encontro, comercio local e de proximidade e vida saudable. A iso súmase a defensa do espazo natural do Malecón, que lonxe de verse alterado, debe preservarse como lugar de riqueza natural en pleno centro de Monforte.

Desde EQUO Galicia sumámonos ás voces que piden ao Concello que paralice o proxecto de construción da nova ponte sobre o río Cabe.

Máis información: www.salvemosomalecon.org

 

Comments are closed.