EQUO Galicia ante a emerxencia sanitaria polo coronavirus

EQUO Galicia quere demostrar o maior profundo agradecemento ao persoal do sistema sanitario, médico e asistencial, limpeza, transporte, cociña e todos os servizos, polo gran esforzo e compromiso que está a prestar nesta situación de emerxencia. Grazas a súa estimada labor estamos a constatar unha mínima mortalidade na nosa comunidade e iso debemos destacalo.

Tamén queremos condenar a todos aqueles políticos e xestores que menosprezaron e limitaron os recursos da sanidade publica, a favor de outros sistemas sanitarios, e que nestes momentos presumen do sistema público.

Non queremos rematar sen lembrarnos e agradecer a tódalas persoas que seguen traballando para manter os servizos mínimos, de transporte, alimentación, farmacias, reparto a domicilio e gasolineiras.

Comments are closed.