EQUO Galicia agradece a todas as persoas que depositaron o seu voto e a confianza no noso proxecto político

Agradecemos o traballo do equipo de programa e de campaña, realizado con moita ilusión e esforzo.
Pero sabemos que o do 12 de Xullo non é un bo resultado, e que os votos acadados non foros os esperados.
Faremos unha profunda análise para entender o momento político actual e as estratexias para construir unha alternativa política ecoloxista cun proxecto ambicioso e valente.
Seguiremos traballando en prol do ecoloxismo e loitando para que sempre exista unha opción que represente a toda a xente comprometida cunha forma de relacionarse con planeta mais respectuosa e sustentable.

 

Comments are closed.