EQUO e PIRATAS-GAL traballamos por unha coalición en Vigo

A asembleas de EQUO Pontevedra e PIRATA.GAL decidiron comezar o traballo para confluir nunha coalición de partidos na cidade de Vigo para as vindeiras elecións municipais que se celebrarán no mes de maio do 2015.

Eliximos a fórmula de coalición de partidos para poder, de chegar o caso, obter algún tipo de representación nas deputacións e así “hackealas”.

Dita coalición, froito do entendemento de EQUO Pontevedra e PIRATA.GAL, estará aberta a medrar coa suma doutros partidos, asociacións e persoas a título individual, así coma a extenderse a outros concellos da provincia de Pontevedra.

A nosa coalición nace como unha estrutura política pensada por e para a cidadanía. Como é común en ámbalas dúas formacións, as persoas candidatas serán elixidas en primarias abertas, co fin de crear unha lista paritaria e en cremalleira onde mulleres e homes ocuparán os postos de forma alterna.

Tanto EQUO como PIRATA.GAL teñen desenvolvido un borrador do programa electoral que se fundirá nun único documento que en breve se fará público. Convidamos á cidadanía a que participe con opinións e análises, sempre e cando, estas concorden coa Declaración dos Dereitos Humanos, a defensa dos animais e do Medio Ambiente en xeral.

Para que a cidadanía poida participar facilítanse os seguintes enderezos electrónicos:

vigo@equogalicia.org

contacto@piratasdegalicia.org

logosEQUO-PIRATAS-GAL

Deixa unha resposta