EQUO denuncia ante a Comisión Europea as fumigaciones masivas con flufenoxuro en Galicia

EQUO presentou unha denuncia contra o goberno español, a Xunta de Galicia e o Concello coruñés de Melide pola campaña pública, gratuíta, e en ocasións obrigatoria, de fumigaciones de eucaliptos con flufenoxuro. Esta sustancia, que estará prohibida desde agosto de 2012 en toda a Unión Europea, polos seus efectos nocivos para a flora, os chans, a saúde humana e a fauna, é especialmente letal para a poboación de abellas.

En lugar de prohibir o uso do fufenoxuro, na liña dos obxectivos da Decisión europea, o Goberno galego e o Concello de Melide comezaron unha campaña gratuíta de fumigación aérea que cubrirá máis de 100.000 ha e na que se empregarán 5.000 litros do biocida que se vai a prohibir. EQUO asegura que esta decisión responde aos intereses da industria do papel, que quere protexer os seus eucaliptos aínda que para iso haxa que acabar con outras especies, e dos produtores de flufenoxuro, que así poden dar saída ás súas últimas existencias.

EQUO baseou a súa denuncia de incumprimento do Dereito da Unión Europea en dous argumentos. En primeiro lugar, a campaña pública de fumigación pon en risco o cumprimento dos obxectivos da Decisión europea que prohibe o flufenoxuro, porque os efectos prexudiciais deste produto para o medio ambiente permanecen no medio prazo. EQUO considera, seguindo a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que os períodos transitorios son concedidos aos poderes públicos soamente para dar tempo a adaptar a lexislación. Xa que logo, EQUO sostén que o lexislador pode non actuar para prohibir o produto ata o último día do período transitorio, pero que se actúa antes, debe facelo na dirección dela norma europea, e non ir manifestamente contra ela.

En segundo lugar, EQUO constatou que a Directiva do uso sostible dos Pesticidas prohibe a fumigación aérea salvo en casos excepcionais nos que concorran circunstancias extraordinarias que no seu conxunto, fagan que o uso desta técnica sexa o máis conveniente. No presente caso non se dan tales circunstancias, polo que os poderes públicos implicados, mediante o recurso a fumigaciones aéreas, incumpriron o dereito da Unión.

Por estas razóns, EQUO solicitou á Unión Europea que ordene á Xunta de Galicia e ao Concello de Melide que deteñan de forma inmediata a campaña de fumigaciones con flufenoxuro, antes de que se produzan consecuencias irreversibles para o medio ambiente.

http://www.equova.org/

Deixa unha resposta