EQUO-café sobre Electrónica Ética na Coruña

EQUO A Coruña organiza, este mércores 27 de novembro, un café-coloquio sobre o tema da Electrónica Ética.

Como en moitas outras áreas, coa compra dos aparatos electrónicos que usamos cada día tamén podemos influír como consumidores para fomentar unha actitude ética por parte dos fabricantes. Coñecer como actúan as empresas adicadas a este gremio pódenos axudar na nosa decisión de compra.

Coa intención de informar e comentar entre os cidadáns como podemos consumir de xeito que teñamos en conta os dereitos humanos, o impacto ambiental, etc., EQUO A Coruña organiza este café-coloquio na cidade da Coruña.

Ademais, este consumo responsable tamén se pode estender a temas de política municipal, buscando uha xestión máis verde e ética «do público», introducindo criterios de electrónica ética na compra de material informático, reclamando puntos verdes para a reciclaxe específica deste tipo de produtos, etc.

A información sobre o Equo-café é a seguinte:

EQUO-café “Electrónica Ética”
Xoves 27 de novembro, 20:00h
Café da Guiné (planta de arriba)
Rúa San José 2 (Zona Praza de España)
A Coruña
Liñas de bus: 4, 5, 6, 7, 11 y 17.

Equo A Coruña anima a toda persoa con interese neste tema a participar neste café-coloquio.

cartaz_qcafe_elect_etica

One Comment

  1. Finalmente este Q-Café sobre a Electrónica Ética, aínda que non contou cunha grande asistencia, si serviu para debatir sobre o tema da producción e o consumo de electrónica que se está a facer hoxe en día, chegando a interesantes conclusións e tamén ao esbozo dalgunha proposta neste sentido.

    A este respecto, o medio dixital praza pública fixo unha interesante entrevista ao noso Pepe Vara, dinamizador do Q-Café e moi implicado neste tipo de temas dado o seu perfil profesional. Esta é a ligazón: http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/6013/somos-conscientes-do-dano-causado-polos-nosos-smartphones-ou-ordenadores

    Esta é unha foto do evento :-)
    Q Café sobre Electrónica Ética no Café da Guiné da Coruña

Deixa unha resposta