EQUO asistirá á presentación da Marea de Vigo

A covoceira de EQUO Pontevedra, Dolores Tobío Sueiro, xunto con outros membros do partido da cidade olívica, asistirá á presentación da Marea de Vigo que terá lugar este xoves día 11 na praza do Pobo Galego ás oito da tarde.

EQUO aposta desde os seus inicios polo radicalismo democrático, a equidade e a ecoloxía política, polo que sempre estamos dispostos a apoiar e traballar en iniciativas que poñan á cidadanía por diante dos intereses partidistas, como demostramos no traballo que neste mesmo sentido levamos realizado baixo o nome de “Reconquistemos Vigo” cara ás municipais.

As persoas que conformamos EQUO na cidade olívica xa debatemos sobre un camiño transparente e radicalmente
democrático cara as municipais nas pasadas asembleas mensuais e estamos dispostas a traballar por unha candidatura cidadá que defenda a viguesas e vigueses, así coma a nosa contorna, por diante de personalismos.

Para EQUO o nome é o de menos. O importante é que as bases dos partidos traballen xuntas en prol da rexeneración democrática, man a man cos movementos sociais e a cidadanía. Deberá ser o debate a nivel de bases o que dirixirá en calquera caso o proceso dunha posible confluencia electoral. Por todo o anterior, a organización ecosocial móstrase aberta ao diálogo con todas aquelas forzas e movementos cos que se poida compartir un programa conxunto.

 EQUO Pontevedra -logo-

Deixa unha resposta