EQUO aposta por un Monte de Cabral sostible

EQUO considera o monte como un piar fundamental dunha economía sostible para Galicia. Por iso apostamos pola súa defensa e especialmente na figura do Monte Veciñal en Man Común (MVMC), sistema de xestión do territorio que nos identifica como galegos.

O faraónico proxecto dun centro comercial de 800 Ha (800 campos de fútbol) ameaza con esquilmar unha grande superficie de monte na parroquia de Cabral cunha promesa de emprego a curto prazo. O único emprego que poden garantir realmente son os das persoas que o construirían. A longo prazo o emprego no sector servicios  trasládase dun lugar a outro sen esquecer que as grandes areas dan menos postos de traballo por metro cadrado que o pequeno comercio local que se verá ainda máis afogado e obrigado a seguir pechando cada vez máis portas.

Imaxe de monte Liñeiriños afectado polo proxecto.

A realidade dinos que o monte en si é un sistema altamente produtivo en todas as súas funcións. Na económica coa producción de madeira, leña e biomasa para producción de enerxía ou crianza de gando, agraria e con productos coma froitos, cogumelos, mel e como entorno incomparable para realizar eventos deportivos ou ecoturismo. Na súa vertente medioambiental a presenza de masas forestais é imprescindible para a absorción do CO2, a loita contra a erosión e as escorrentías, a regulación dos manantiais e a protección da biodiversidade. Non podemos esquecer que un monte veciñal non deixa de ser lugar de lecer e esparcimento para as persoas da parroquia, neste caso de Cabral, e unha oportunidade única para coñecer a fauna, flora e etnografía do lugar coa celebración de festas coma a do Pan de Millo.

EQUO pensa que agora é o momento da cidadanía de rachar cos vellos modelos productivos baseados na especulación inmobiliaria que nos levaron ata a situación de crise actual. É o momento dos veciños comuneiros da Parroquia de Cabral de apostar por un futuro sostible para eles e os que veñen detrás apoiando un modelo de xestión sostible do monte galego que garanta o emprego agora e no futuro.   

EQUO aposta por unha via sostible do monte galego sabendo que queda moito traballo por facer tamén desde as institucións. Reclamamos á Xunta de Galicia unha lexislación que apoie aos comuneiros a facer das mancomunicades forestais a bandeira da sustentabilidade en Galicia.

Por todo isto, EQUO convida aos veciños de Cabral a unha ANDAINA-COLOQUIO o vindeiro domingo 14 de abril ás 10.30 horas con saída no Parque Forestal de Cotogrande, para que coñezan o monte Liñairiños afectado polo proxecto e poidan reflexionar sobre os pros e contras do macrocentro comercial antes de tomar unha decisión que podería traer consecuencias irreversibles.

PDF:  Cartel Andaina-Coloquio 14-4-2013 polo Monte de Cabral

EQUO é un partido político, que pretende aglutinar a persoas en prol de obxetivos como a sustentabilidade económica, ambiental e social, contra o cambio climático e en defensa dos Dereitos civís.

Deixa unha resposta