Entrevista “Pregúntalle a Juantxo”

Pedísmoche que nos enviases as túas preguntas sobre EQUO a Juan López de Uralde, e o luns 15 de outubro en Compostela llas fixemos. Agora podemos compartir convosco o resultado da entrevista.

Entrevista “Pregúntalle a Juantxo”

 

4 Comments

  1. Si… pero non.
    1º.- Grazas por responder as grandes liñas filosóficas de EQUO, pero a 1ª pregunta (cal e o programa medioambiental da AGE, da que EQUO fai parte?) queda sin resposta, obvia, pois non existe tal programa ambiental conxunto e consensuado (a menos que exista, pero en secreto, pois non está publicado en ningures).
    2º.- Ese “somos fuerzas políticas hermanas”, referíndose a ICV esquece que a “forza política irmán” de EQUO ata fai un mes respaldaba e pedía o voto en Galicia non para EQUO, sinon para os ecosocialistas que, aínda hoxe, colgan nas súas redes que son eles, e non EQUO, o referente galego e os lexítimos “irmáns” da ICV en Galicia. En que quedamos?
    Era solo por puntualizar, pois xa que din o coñazo co asunto das preguntas considerei unha obriga agradecelas e mostrar que (aínda que a estas alturas sexa irrelevante vistos os resultados) en asuntos trascendentais me quedei como estaba.

  2. Home, o que diga o Espazo Ecosocialista na súa web non é cousa nosa. Por outra banda, a min algunhas cuestións relativas a ICV tamén me costa entendelas.

    • Lamentablemente non e, solo, o que digan na súa web, sinon que na práctica en plena campaña electoral representantes de ICV viñeron a Galicia a participar en actos para apoiar expresamente ao espazo ecosocialista, do mesmo xeito que antes da campaña fixeron o propio. Espazo ecosocialista limítase a facer publicidade de dito apoio. No seu día, creo lembrar, EQUO-Catalunya non se presentou ás eleccións catalanas pois o acordo con ICV foi ese, que ICV representaba o proxecto de EQUO alí, cousa que creou un cisma e moita xente abandonou o proxecto de EQUO en Catalunya.
      Non me quero extender máis, era solamente argumentar a reflexión de que “con amigos coma estes…”

      • A idea que eu teño é que o «problema» EQUO Catalunya – ICV é máis unha cousa/imposición do Partido Verde Europeo, que non quere que máis dun partido o represente no mesmo territorio (e ICV estaba antes). Vamos, que foi un acordo «forzoso» máis que outra cousa, ou polo menos é o que eu creo, que non sei se se axusta 100% á realidade.

Deixa unha resposta