Elexindo representantes galegas á Mesa Federal de EQUO

 ELECCIÓNS A REPRESENTANTES NA MESA FEDERAL DE EQUO
EQUO Galicia

EQUO Galicia

Benqueridas equoamigas e equoamigos:

Tras a aprobación dos Estatutos federais de EQUO, un dos cambios é a estructura federal que pasa de provincial a autonómica. Por este motivo convócase este proceso electoral para elexirmos os novos representantes de EQUO Galicia, que serán dúas persoas en paridade.

Os representantes na Mesa Federal son os altofalantes de EQUO Galicia na Mesa Federal e viceversa. Trátanse temas tanto de organización do partido coma de estratexias e políticas a seguir. Hai xuntanzas presenciais en Madrid cada dous ou tres meses.

Na pasada xuntanza da Mesa o martes 22 acordouse o seguinte calendario:

  1. Recepción de candidaturas desde o 23 ata ás 23:59 do luns 28 de xaneiro.
  2. Publicación provisional das candidaturas e recepción de alegacións, os días 29 e 30 de xaneiro.
  3. Votación on-line os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.
  4. Votación presencial durante a Asemblea de EQUO Galicia o 2 de febreiro máis ratificación dos cargos pola mesma.

Para ser representante na Mesa Federal debes ser persoa afiliada ao partido EQUO.

Para  participar nas votacións tanto on-line coma presencial debes ser persoa afiliada ou simpatizante rexistrada no censo de EQUO Galicia.

Para formalizar a túa candidatura debes enviar un correo electrónico a equogalicia@proyectoequo.org co asunto “candidatura MF”. No contido da mensaxe debes incluir o teu nome completo, unha reseña sobre o túa relación con EQUO. A maiores pode contarnos o que consideres oportuno para que te coñezan mellor sempre que sexa breve. Tes ata as 23:59 do luns 28 de xaneiro.

Desde a Mesa galega, convidámosvos a que participedes neste proceso xa que o maior número de candidaturas e de participación nas votacións garantirá o mellor dos resultados para todos nós e para EQUO.

Se tendes algunha dúbida sobre este proceso, non deixedes de preguntar. Intentaremos resolvela do mellor xeito posible.

Unha aperta,

Loli Tobío Sueiro
encargada do proceso electoral para representantes á Mesa Federal