Código ético

Decálogo do cargo público

A asemblea de EQUO aprobou dez normas irrenunciables para os seus candidatos  na súa aposta pola transparencia e a loita contra a corrupción.

Estes son os mandamentos que deberán cumprir:

Atender e desenvolver todas as tarefas derivadas do cargo para o que sexan elixidos de xeito activo e dilixente.

-Promover e fomentar a participación cidadá e a transparencia nas institucións.

-Levar ás institucións propostas cidadás e de organizacións sociais que traballen co horizonte de sociedade que EQUO quere construír.

-Levar a cabo unha labor parlamentaria transparente, directamente a través de internet e presencialmente de xeito periódico, convocando asembleas públicas abertas á cidadanía nas circunscricións electorais correspondentes.

Os cargos electos que fosen imputados por corrupción ou por algún dos delitos que
van contra o ideario de EQUO porán o seu cargo a disposición do partido
inmediatamente.

Uso eficiente e austero dos recursos públicos, que se empregarán soamente en beneficio da ciudanía.

Incompatibilidade do cargo de deputado, parlamentario, senador ou concellal con calquera outro traballo remunerado.

Denuncia pública de calquera acto irregular de fraude, corrupción ou malgasto de recursos públicos.

Publicación do seu patrimonio antes e logo da lexislatura, estando accesible ao longo de toda a lexislatura, e renuncia a calquera prestación económica vitalicia derivada do seu cargo.

Publicación accesible e continua de toda a súa axenda (actividades realizadas, persoas coas que se reunan, temas a tratar, etc.) e economía (nóminas, cobros de terceiros, compras de certo nivel, etc.) durante o exercicio da súa responsabilidade pública.