Candidatura de EQUO

Dentro da coalición Alternativa Galega de Esquerda queremos presentarvos ás persoas candidatas propostas por EQUO Galicia.

Foron elexidas nun proceso de primarias con votacións presenciais e en línea en cada provincia galega.

A Coruña _ Lugo _ Ourense _ Pontevedra


A Coruña

Marita Iglesias Padrón (ligazón á entrevista: Falamos con Marita)

Formadora e experta en temas de violencia, xénero e diversidade funcional (discapacidad).

Activista en movimentos sociais relacionados coa diversidade funcional desde fai máis de 30 anos defendendo o modelo de Vida Independente en contraposición ao asistencialista da política social actual. Longa experiencia en proxectos de distintas Iniciativas da Unión Europea, entre os que destacan os relacionados coa violencia sobre mulleres pioneros en España e precursores de posteriores iniciativas e estudios no ámbito da muller con diversidade funcional a nivel nacional e internacional. Formó parte do equipo de expertas creado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para o deseño e posta en marcha do I Plan de Acción para as Mulleres con Discapacidade. Coordinadora do Grupo de Discusión sobre Violencia dentro da Rede Internacional de Mulleres con Discapacidade (INWWD).

Teño 54 anos e vivo nos arredores de Compostela.

Pablo Otero Otero (ligazón á entrevista: Falamos con Pablo)

Son Pablo Otero, vivo na Coruña e teño 25 anos. Estudiei Adm. e Dirección de Empresas na UDC e en Eslovenia, e especialiceime na Responsabilidade Social Corporativa. Tamén estudiei en Asturias,  e traballei en actividades de fundraising para oenegués.  Actualmente traballo no Departamento de Responsabilidade Social Corporativa dunha empresa textil.

Levo implicado en organizacións xuvenís progresistas máis de dez anos, sobre todo na Universidade (IESGA), sendo representante de estudantes en todos os nivéis. Participei e numerosas actividades do ‘Consejo de la Juventud de España’ (Cumbre Iberoamericana do Auga, Obradoiro de Empoderamento da muller, Politicas xuvenís…)  Tamén colaborei en asociacións europeístas (AEGEE) e en ONG como voluntario. Son socio de WWF, Greenpeace e Solidaridade Internacional. Falo inglés e francés.


Lugo

Fernando Rodríguez López (ligazón á entrevista: Falamos con Fernando)

 Son unha persoa que estivo toda a vida acumulando experiencia en moitos e variados postos de traballo e en actividades lúdicas, deporte, música… Vivín trece anos en Madrid, un ano en Valencia e outro ano en Inglaterra. Non poseo títulos relevantes pero teño ampla experiencia en Informática, en Inglés, en Francés, en Electrónica, en Contabilidade, en Loxística entre outras moitas pero sobre todo na vida no campo galego coa que me curtín sendo ben novo. Este ano rematei 4º de Socioloxía na UNED, xa que debezo por coñecer o mundo no que vivo e implicarme nel da mellor maneira posible a ver si consigo facelo un pouco mellor.

María Fe Rodriguez Vázquez (ligazón á entrevista: Falamos con Fe)

Axente facultativo medioambiental  da Conselleria de Medio Ambiente.
Demostrado está que  o sistema político  actual non funciona,  a mellor maneira de cambialo  e acercándose a él.

 

 


Ourense

Alberto Cremades Díaz  (ligazón á entrevista: Falamos con Alberto)

Hola, son Alberto, teño 37 anos e nacín nesta tranquila cidade das Burgas pola que presento a miña candidatura. Son diplomado en Ciencias da Educación e Licenciado en Historia e Ciencias da Música. Exercín varios anos de educador e tiven unha empresa durante sete anos relacionada co cultivo orgánico. Dende fai uns anos estiven formándome no ámbito das terapias naturais, profesión da que tento vivir na actualidade. Son unha persoa profundamente disgustada coa política actual dos grandes partidos e co sistema salvaxe e capitalista no que vivimos, defensor do ecoloxismo e a sostenibilidade como modo de vida.

 

Montserrat Valencia León  (ligazón á entrevista: Falamos con Montse)

Son licenciada en Dereito e dende o inicio dos meus estudos soupen que quería aplicar o contido dos mesmos á defensa do medio ambiente. Estabamos no ano 96 así que falar de “xustiza ambiental” era casi utópico nun Estado cuxa norma máis estrita relacionada coa protección do medio ambiente era un Código Penal do ano 95, a pesar de que a Constitución Española recollía (e recolle) os dereitos cidadáns en materia ambiental dende 1978. Así que todo iso do medio ambiente e a súa protección xurídica sonaba a excentricidade europea.
Dende os 15 anos levo militando e colaborando con asociacións de defensa animal e asociacións ecoloxistas. Nunha delas vin desenvolvendo labores de asesora xurídica. Aquí aprendín que a mellor defensa do medio ambiente non é unicamente protexelo e conservalo, senon educar e concienciar á sociedade.
Nos anos 2008 e 2009 viaxei a Bruxelas, ao Parlamento Europeo, invitada por Los Verdes (David Hammerstein) e alí coñecín xente coas mesmas inquietudes e pareceres. Na segunda das viaxes faláronme da Coordinadora Verde de Hondarribia (CV) onde vin colaborando antes de que esta se integrara en xuño de 2011, na Fundación EQUO.
Seguindo a liña política verde de ilusión e empeño, fai uns anos, algúns e algunhas galegas formamos Verdes da Galiza cuxa denominación foi modificándose na procura da nosa propia identidade. A maioría deles e delas agora somos EQUO.
Colaboro como simpatizante en equo na provincia de Ourense e como membro da Rede Abogados EQUO, recentemente creada e integrada por 10 persoas.
E me presento candidata por un cambio, por unha alternativa, porque equo, máis que unha ilusión, é unha necesidade.

Pontevedra

Serafín Valencia Triviño

Técnico Superior en electrónica, Experto Profesional en Enerxía Solar Fotovoltaica (UNED, 2005), encargado de planta externa e profesor interno de Telefónica. Resido desde 1981 en Vigo, agás 15 meses destinado en Cádiz.

Afiliado a Comisións Obreiras en 1986, fun membro do comité de empresa, do comité de Seguridade e Saúde e da Xunta de Economatos da empresa en Madrid.  Socio desde 1988 do clube Montañeiros Celtas, onde practico espeleoloxía, pertencín á xunta directiva do club e á Federación Galega de Espeleoloxía, que presidín nos anos 2007 e 2008, formando parte da Federación Española de Espeleología.  En 2006 presentei un relatorio no I Congreso de Espeleoloxía de Galicia, sobre a substitución da iluminación con carburo por díodos de alta potencia, non contaminantes, nas exploracións subterráneas.

Membro de Greenpeace desde 2006, traballo como voluntario no grupo local de Pontevedra.

 

Dolores Tobío Sueiro (Loli) (ligazón á entrevista: Falamos con Loli)

Teño 32 anos. Miña familia é de Pontevedra e Sanxenxo máis eu son de Vigo. Son arquitecta pola Universidade da Coruña especializada en bioconstrucción.
Colaborei sete anos como voluntaria na ONGD Arquitectos Sen Fronteiras, os últimos nas xuntas directivas de Galicia e a nivel estatal. Gústame aportar o meu tempo para facer deste un mundo mellor, pero non se pode acadar so co traballo das oenegés. Cando coñecín que nacía un movemento político onde equidade social, democracia participativa e ecoloxía política eran os eixos principais, quixen formar parte.

Deixa unha resposta