Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda é unha nova coalición creada de cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 polos partidos ANOVA-Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida, EQUO Galicia e Espazo Ecosocialista Galego, para establecer unha fronte común contra a troika interna que ameaza os dereitos da nosa sociedade.

Nacemos para enfrontarnos á profunda situación de crise, incapacidade manifesta, corrupción xeneralizada e ataque sistemático aos dereitos civís na que nos atopamos nestes tristes momentos.

Estamos construídos por e desde a base co firme obxectivo de defender os servizos públicos, especialmente a sanidade e a educación, así como para loitar polos dereitos dos sectores máis desfavorecidos e marxinados.

Expómonos como un punto de confluencia de todas as persoas que desexan sementar un novo futuro, no cal os froitos cultivados pola comunidade non sexan expropiados pola inhumana troika interna, traidora e usureira, que oprime á nosa terra.

 

AGE Grupo Parlamentar Alternativa Galega de Esquerda


Segue a Alternativa Galega de Esquerda nas redes sociais.