Eleccións á nova Mesa Provincial de EQUO Pontevedra

Ola a todos!

Na asamblea do 28 de novembro de EQUO Pontevedra acordouse a seguinte ESTRUCTURA:

A Mesa Provincial estará composta por 6 persoas:

2 coordinadores/as provinciais: A súa función é moderar o grupo provincial na Equomunidade, convocar asambleas, levantar actas, e asegurarse do axeitado funcionamento de EQUO Pontevedra.

2 tesoureiros/as: a súa función neste momento sería xuntar tódolos cartos dos que dispoñemos, abrir unha conta bancaria, e administrar eses cartos.

2 coordinadores/as de comunicación: son os responsables de atender o teléfono e o correo oficial de EQUO Pontevedra. Pasarán ás mensaxes a quen proceda, e iso inclúe os responsables das distintas tarefas de comunicación externa (que non forman parte da mesa provincial):
Responsable do blog (un ou varios): actualiza o blog
Responsable das redes sociais (un ou varios): actualiza o Facebook, Twitter, Google+
Responsable de comunicación coa prensa (un ou varios): envía comunicados de prensa, avisa ós medios dos nosos actos, etc.

Ademáis diso, traballarase na construción de grupos de traballo:

Grupos locais: constitúense cando socios ou simpatizantes dunha zona o deciden. A súa función é organizar actividades na súa zona de xeito máis ou menos independente. Estas actividades irán enfocadas a:
1) a difusión das ideas de EQUO, e
2) o fomento da formación e o debate en temas de interese, tanto para socios e simpatizantes como para o resto da cidadanía.

Grupos temáticos: constitúense cando socios ou simpatizantes que teñen interese nun tema específico (por exemplo, sanidade) deciden comunicarse (presencialmente ou por internet) para debatir sobre eses temas, organizar actividades, etc.

Neste momento temos que proceder a elección da Mesa Provincial (coordinadores, tesoureiros, comunicación externa) así como dos representantes de EQUO Pontevedra (dous e en paridade de xénero) na xuntanza da Mesa Federal de EQUO que terá lugar en Sevilla o 17 de decembro.

Todas as socias e socios de EQUO Pontevedra poderán presentar as súas candidaturas para a Mesa Provincial. Para as sub-responsabilidades de comunicación non fai falla ser socio, xa que estas posicóns non forman parte da Mesa Provincial. Se queres presentarte pero aínda non deches o paso de asociarte ou facerte simpatizante, podes facelo na web www.seguro.proyectoequo.org e avisarnos de que así o fixeches para comprobalo.

Cómo presentar a túa candidatura?
Manda un e-mail co asunto “CANDIDATURA” a equopontevedra@proyectoequo.org presentándote, dicindo en qué posicións estás interesada ou interesado e por qué antes do VENRES 2 DE DECEMBRO ás 23:59.

EXEMPLO DE CANDIDATURA (ficticia): “Ola a todos! Chámome Juanita Juánez e son de Cuntis. Teño 30 anos e son licenciada en Ciencias Ambientais. Estou interesada en ser a coordinadora de comunicación de EQUO Pontevedra, xa que penso que se me daría ben estar atenta ó teléfono e o mail oficiais, e pasar as mensaxes a quen faga falta. Non me molestaría ademáis ser responsable do blog ou das redes sociais se non hai máis xente interesada nesas tarefas. Ah, e tamén podería asistir á asamblea da Mesa Federal en Sevilla”.

O día 3 pola mañá se enviarán tódalas candidaturas coas instruccións para votar. E as votacións faranse via email ate as 23:59 do mércores 7 de decembro. Poderán votar os socios e simpatizantes inscritos na equomunidade (www.seguro.proyectoequo.org) de EQUO Pontevedra.

Deixa unha resposta