E a campaña marchou*!

Ás 23:59 horas de onte remataba o periodo de campaña para as eleccións europeas 2014.

En EQUO Pontevedra eliximos despedir estas dúas semanas vendo o solpor desde a praia de Samil.

Despedindo a campaña das Europeas 2014Estas foron dúas semanas de traballo na rúa, falando coa xente, transmitindo as nosas propostas e nosa forma de facer as cousas, e escoitando as dúbidas, as preocupacións, as esperanzas das persoas do común. Unhas conversas que conservamos para seguir traballando por un futuro para todas.Despedindo a campaña das Europeas 2014Esgotamos ata o derradeiro panfleto coa ilusión de levar a nosa esperanza dunha nova Europa a lo menos a unha persoa máis. Despedindo a campaña das Europeas 2014

Paramos a tomar un descanso e a repor forzas, e que mellor que un chocolate con churros como despedida?Despedindo a campaña das Europeas 2014E marchamos para cadansúa casa coa seguridade de que o luns seguiremos traballando para que todas teñamos un presente e un futuro mellor.

Apertas de todas as integrantes de EQUO Pontevedra. Feliz Primavera*!

Deixa unha resposta