EQUO Galicia lembra que os bosques son ecosistemas que hai que coidar

EQUO Galicia manifesta a súa defensa incondicional dos bosques como parte da nosa biodiversidade.

Imaxe promocional do Dia Internacional dos bosques de Ecoloxistas en Acción

Equo Galicia quere rendir unha homenaxe aos bosques lembrando que este 21 de marzo é o día instaurado por Nacións Unidas  como Día Internacional dos Bosques.

A ONU tamén declarou o ano 2011 como Ano Internacional dos bosques destacando a importancia das áreas forestais para a subsistencia humana.

Os bosques son o pulmón do planeta, abeiran millóns de especies e son o fogar e fonte de recursos de moitas poblacións. Os bosques, polo tanto, son unha parte importante da vida no mundo e como tal deberían ser coidados e respectados.

En Galicia os bosques son parte da nosa identidade, somos a Galicia verde grazas a eles e para que isto siga sendo así debemos ser inflexibles coa defensa da biodiversidade.

Con ese obxectivo, Equo Galicia seguirá loitando no seu terreo para que se cumpran e melloren as normativas existentes. Unha parte importante desas melloras tería que orientarse cara a política anti-incendios, para que non se basee soamente na extinción, senón nunha política forestal que permita manter os montes nun estado no que non sexa sinxelo ou rentable queimalos.

Equo Galicia avoga por conservar o noso patrimoinio natural de xeito que Galicia siga a manterse como un dos pulmóns do Estado.

Deixa unha resposta