Día Internacional da Diversidade Biolóxica

Hoxe conmemórase o día da riqueza de seres vivos que viven no planeta, que leva asociado unha das maiores traxedias que a actividade humana esta a provocar, tratase da extinción sen igual da riqueza de especies, a maior ola de perda biolóxica dende que desapareceron os dinosauros.

Está demostrado que a perda de diversidade e o contacto directo con animais salvaxes aumenta os casos de zoonose; enfermidades transmitidas dos animais a os humanos, así que a defensa dos hábitats que alberga esa diversidade para reducir esta interacción e manter o respecto das especies de animais no seu habitat debe ser prioritario para continuar cunha normalidade ecosistemica sen interaccións prexudiciais para ningún dos seres vivos que nel habitan, incluídos nós.

En EQUO Galicia creemos que para preservar a biodiversidade de flora e fauna o prioritario e manter os ecosistemas onde se desenrola, debemos compartir o medio ambiente cas demais especies en harmonía convivindo por respecto, por responsabilidade e polo noso ben, xa que é a natureza a que nos proporciona todo o necesario para vivir.

Comments are closed.