Día de Galicia

Equo

Benqueridas equoamigas e equoamigos:

Equo Galicia anima a toda a cidadanía a reivindicar o DIA NACIONAL DE GALICIA,  instaurado polas Irmandades da Fala de 1919 e instaurado de forma oficial pola Xunta de Galicia no ano 1979.

Entendemos esta conmemoración para render a nosa homenaxe a súa cultura, idioma, tradicións a través do seus bardos e precursores, dende Rosalía e Castelao ate nosos días a través das nosas Letras Galegas, así como a constante defensa dos nosos recursos e a clara defensa dos dereitos da cidadanía galega.

Esperamos deste 25 de Xullo un día de reflexión cidadá co obxecto de recuperar as boas políticas de carácter público e unha mellor protección e cobertura da eQuidade Social nestes tempos tan incertos e inxustos coas galegas e galegos.

Neste Día da Patria Galega, instamos aos responsables institucionais maiores cotas de dilixencia e soberanía política para resolver os problemas sociais do país e actúen con Confraternidade, eQuidade e Solidariedade nestes tempos de angustia para moitos de nosos concidadáns motivado polas  consecuencias dun capitalismo depredador e insensible.

Cremos que outras políticas de eQuidade Social son posibles.

Desexámosvos un FELIZ E REIVINDICATIVO 25 de XULLO !!

Unha aperta,
Mesa Promotora de EQUO Galicia.

Deixa unha resposta