EQUO Galicia denuncia o desleixo da Xunta en materia de incendios

En risco, unha vez máis, o patrimonio natural galego, as nosas vidas e o noso propio futuro

EQUO Galicia considera atentados ecolóxicos todos os incendios provocados en Galicia, sobre todo aqueles que afectaron a cerca de 700 ha da rede Natura, e insta á Xunta a non escatimar medios para atopar aos culpables que vagan impunemente polos nosos montes.

Consideramos o incendio provocado de Navia de Suarna, de 431 hectáreas, unha das peores catástrofes naturais dos últimos 5 anos. Ademais supón un atentado directo contra o oso de Galicia e foi presuntamente perpetrado polos sectores máis críticos coa súa volta. Todo isto amparado polo atraso da Xunta de Galicia en aprobar o Plan de recuperación desta especie en perigo de extinción.

Cremos que a función básica de prevención non se está a levar a cabo. A falla de vixilancia desas zonas de gran valor ecolóxico e Rede Natura, como Ancares, Courel e Xurés, está producindo que se vexan afectadas indiscriminadamente por incendios provocados polos que os seus causantes deberían ser perseguidos. Non buscar solución aos verdadeiros motivos polos que se provocan os lumes está a arruinar o futuro de moitas comarcas xa afectadas polo despoboamento e a falla de oportunidades.

Lembremos que levamos cerca de 700 hectáreas queimadas da rede Natura.

Outros incendios, como os recentes da contorna de Ourense están ademais poñendo en grave perigo non só a natureza senón a vida das persoas.

Dende EQUO esiximos á Xunta que destine medios aos labores de vixilancia e á investigación destes verdadeiros atentados contra a nosa terra. É básico non esquecer os labores de prevención e a limpeza de devasas nos meses previos á tempada de risco de incendios.

Aínda que moitas veces o goberno da Xunta desvía as súas responsabilidades dicindo que os incendios son provocados a horas onde os medios aéreos non poden actuar, cremos que moitas veces, como neste caso do lume de Navia de Suarna que se produciu oficialmente ás 17:27 h, existían moitas posibilidades de que con vixilancia se tivera evitado o desastroso resultado.

Foto do resultado dos lumes na zona de Palmés, Concello de Ourense Foto do resultado dos lumes na zona de Palmés, Concello de Ourense

O resultado dos lumes destes días na parroquia de Palmés, Ourense.
(Fotos de Carlos Sanmiguel https://twitter.com/paritoazul)

Deixa unha resposta