Derradeiros días para votar na primeira volta

#primariasEQUO

Quedan catro días nos que, se non o fixeches xa, podes contribuír co teu voto a decidir a lista de EQUO para as eleccións europeas desta primavera de 2014.

Ademais da posibilidade de facelo online, seguindo as instrucións do correo electrónico que recibiches tras apuntarte para participar neste proceso de primarias, podes votar de xeito presencial en Galicia nestas dúas mesas que se habilitarán para iso: (sempre coas mesmas condicións que para facer o voto online desde a túa casa, xa que se empregará a mesma aplicación web de votacións)

  • Vigo: xoves 30 de xaneiro, de 18:00 a 20:00 no Café de catro a catro, rúa Gerona 16.
  • A Coruña: xoves 30 de xaneiro, de 19:30 a 21:30 no contexto da nosa Asemblea Territorial (á que tamén estás invitada!) na Casa-Museo Casares Quiroga, Rúa Panaderas, 12.

Deixa unha resposta