«DEREITO A SABER»; activismo contra os usos da biotecnoloxía

Asinado por: Ana Tomé Morandeira (EQUO Galicia)

A principios do pasado mes de novembro votouse no estado norteamericano de California un proxecto de lei que pretendía obrigar a etiquetar os alimentos de procedencia transxénica. Era un novo intento por parte de diferentes colectivos que buscaba identificar aqueles produtos que sufriron modificacións no seu ADN para que os consumidores puideran decidir libremente se forman parte da súa cesta da compra.

A principal compañía contra a que se dirixiron tódalas miradas é Monsanto, que na década dos oitenta se sumou á carreira da biotecnoloxía modificando a estrutura dalgunhas sementes para garantir maiores e mellores cultivos de millo e soia, entre outros. Así, os transxénicos posibilitarían, segundo estas multinacionais do sector, unha mellora na situación alimentaria do planeta, grazas a que aumentaría a produción das colleitas e se poderían obter alimentos a menor precio, reducindo a fame no mundo. Anos despois observamos como este desequilibrio alimentario persiste xa que os países subdesenvolvidos seguen a ter problemas estructurais na súa agricultura que lles impiden alimentar á súa población .Paradoxicamente os países industrializados padecen epidemias relacionadas coa sobrealimentación. Pero non se trata só da falta do reparto senón da calidade dos alimentos que foron modificados.

Os primeiros estudos en humanos, da Universidade de Newcastle (2002), contradicen os informes que divulgan as corporacións, confirmando que os xenes transxénicos pódense transferir ó sangue e ó xénoma, sendo unha das posibles causas de aparición de cancros. Estudos posteriores realizados en Reino Unido, Irlanda e Noruega detectaron que algunhas toxinas contidas pola soia e o millo modificiados producían altos niveis de toxicidade nas células humanas, causa do incremento no número de alerxias e da resistencia a antibióticos.

A necesidade de indentificar os alimentos modificados nace da realidade de que estes chegan á nosa mesa ocultos, precociñados e procesados pola industria alimenticia que non informa nas etiquetas da procedencia de tódolos seus compoñentes.

Esta iniciativa das asociacións, tanto de consumidores como de produtores californiamos, foi unha máis das que na última década buscou unha lexislación transparente que informe sobre «o Dereito a Saber que nos levamos á mesa», pero tamén fracasou . Tan pronto como se puxo en marcha a campaña “Yes on Prop 37”, as grandes multinacionais, Monsanto, DuPont, PepsiCo, Nestlé, Kellogs, CocaCola, entre outras, comezaron unha contrampaña agresiva. Divulgaron información sobre a inocuidade do consumo de alimentos procesados e desacreditaron a produción ecolóxica, para o que aportaron millóns de dólares (só Monsanto gastou 4.208.000 $ nesta campaña). Estas corporacións argumentaron que identificar os alimentos como transxénicos é como afirmar que non son seguros para os consumidores o que reduciría as súas vendas.

Finalmente, o martes 6 de novembro o estado de California dixo NON á Proposición 37 por unha escasa marxe (53,7%), non sen polémica no reconto do voto anticipado.

Mais non acaba aquí a mobilización contra os transxénicos en California. Poucas horas despois de confirmado o fracaso, xa se divulgaba outra campaña: “Label it Yourself”. SeFoto: Iniciativa cidadá de etiquetado de potencial presenza de transxénicos as autoridades non etiquetan os alimentos serán os propios cidadáns os que o fagan. Así, a través das redes sociais podíanse descargar adhesivos para colocar nos estantes dos supermercados sobre aqueles productos sospeitosos de conter ingredientes xenéticamente modificados.

A Proposición 37 fracasou, pero os seus impulsores non abandonan a causa porque non se trata só dun problema de saúde pública senón tamén da loita pola defensa da agricultura ecolóxica,da sostenibilidade ambiental e da soberanía alimentaria.

Fontes: Max Goldberg. Ecoagricultor.com. Los Angeles Times. Reuters.

Deixa unha resposta