COVID-19 e violencia machista

O estado de alarma pon nunha situación incluso máis vulnerable ás vítimas da violencia machista, dado que están obrigadas a convivir estes días co seu agresor.
Nestes momentos é se cabe máis importante, que estas mulleres non sintan o desamparo e a soidade da súa realidade que agora mesmo se recrudece todavía máis.
Compren medidas de acción rápida que non sexan freadas por burocracias eternas nas que a vítima corra o risco de saír ferida ou asasinada polo seu agresor.
É algo urxente ofrecer opcións a estas mulleres que sempre se atopan nunha situación de desamparo, pero co estado de alarma, a situación en moitos casos resulta insostible por máis tempo.
Apelamos a colaboración cidadá e que se teñen sospeitas dalgún caso de violencia no seu vecindario non dubiden en chamar aos teléfonos de axuda, xa que moitas veces as propias vítimas son incapaces de reaccionar ante a violencia no seu fogar.

Se te atopas en confinamento co teu maltratador e precisas axuda:

Teléfono atención vítimas de violencia de xénero: 016

Policía Nacional: 091

Garda Civil: 062

Emerxencias: 112

Comments are closed.