Convocatorias de Xuntanzas dos Grupos Locais en Vigo e Pontevedra o 21 de Marzo.

Benqueridas equocompañeiras e equocompañeiros

A vindeira semana o mércores 21 terán lugar dúas xuntanzas dos grupos locais de EQUO Pontevedra coa fin de organizar actividades. Elixe a que mellor se adapte a ti.

En Pontevedra, na Biblioteca Municipal, rúa Alfonso XIII, 3, ás 18:45
En Vigo, na Biblioteca Central, rúa Joaquín Yañez, 6, no Casco vello, ás 19:00

O obxetivo é saír das xuntanzas cun par de actividades programadas por grupo con cadanseu coordinador.

Pero sabendo que non todos poderedes asistir ás xuntanzas, hai outra maneira de participar. Temos a vosa disposión dous documentos editables, para que aportedes o voso gran de area:

1_Para recopilar datas de interese nas que EQUO Pontevedra faría actividades.

2_Para recopilar ideas de todas as actividades que se vos ocurran.
Participar é tan doado, como facer click, ler e escribir o teu nome e orixe arriba e a túa opinión. Iso, si pedimos que sexades coidadosos e non borredes o escrito por outras persoas.

Estes documentos están a vosa disposición nos enlaces que xa vós enviámos previamente por correo.

Agardámoste! Equo es ti, Equo somos todos!


Xiana García
Coordinadora de EQUO Pontevedra

Deixa unha resposta