Convocatoria da xuntanza de persoas asociadas e simpatizantes de EQUO Galicia

Día: 21 de xaneiro do 2011
Hora de inicio: 10:00h
Hora de finalización prevista: 13:30h (solicitamos o espazo tamén entre as 17:00 e as  20:00h, por se acaso)
Lugar: Centro Sociocultural José Saramago – Vite
Rúa Carlos Maside, 7, Santiago de Compostela
Tfno: +34 981 570 988

Benqueridas equoamigas e equoamigos:

EQUO SEGUE MEDRANDO!

E o seguinte paso é comezar a falar de EQUO Galicia. Con ese fin as Mesas Provinciais Galegas queremos convocar ás persoas asociadas e simpatizantes de EQUO en Galicia que estean interesados en participar na formación de EQUO Galicia, especialmente aqueles residentes ou censados en calquera das catro provincias galegas.

Esta xuntanza ten por obxetivo coñecernos, coñecer  todas as propostas que teñades para o artellamento dun EQUO Galicia no futuro inmediato e ademáis conformar un grupo de traballo que se ocupe de levar a bo fin o que se aporte nesta xuntanza.

Temos moi presente que aínda non se tivo a oportunidade de conformar EQUO Lugo, e por iso agardamos que poidan asistir a esta xuntanza o maior número de lucenses posible. Haberá un espazo no que as persoas asociadas e simpatizantes de EQUO en Lugo poderán atoparse, coñecerse, e ter o apoio das outras provincias para comezar a formar EQUO Lugo. Desexamos que, paralelamente á creación de EQUO Galicia, poidamos darlle o pulo necesario a este proxecto na cuarta provincia galega.

A ORDE DO DÍA será a seguinte:

1. Benvida e lectura da Orde do Día (5 min)

2. Presentación das persoas que presiden a xuntanza, e dinámica de participación acordada (5-10 min)

3. Presentación da situación actual de EQUO nas catro provincias galegas e da Rede EQUO Mocidade Galega (sen debate, 20 min)

4. Turno de palabra aberto: ¿Que propostas teñen as persoas asociadas e simpatizantes para o artellamento de EQUO Galicia?

5. Grupo de Traballo para a creación de EQUO Galicia
– Debate aberto: a estrutura do Grupo de Traballo, a súa función, o que se agarda del, etc
– Turno para presentarse voluntariamente para formar o grupo.

6. Rogos e preguntas

Agardamos vervos a todas e todos alí, para escoitar as vosas propostas e opinións

EQUO es ti, xuntos somos máis EQUO.

Deixa unha resposta