Convocatoria Asemblea Extraordinaria de EQUO Galicia

CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE PERSOAS AFILIADAS E SIMPATIZANTES
EQUO GALICIA

4 de SETEMBRO do 2012
Ás 19h
Centro Sociocultural de Fontiñas, Rúa Berlín, 13
Santiago de Compostela 

Benqueridas equoamigas e equoamigos:

Ante o adianto das eleccións autonómicas, a Mesa Promotora de Equo Galicia considera imprescindible a convocatoria dunha Asemblea Extraordinaria para definir as estratexias electorais a seguir.

A Asemblea terá lugar o vindeiro martes 4 de Setembro, en Santiago de Compostela, ás 19horas no Centro Sociocultural de Fontiñas, Rúa Berlín, 13Estaremos alí desde ás 18h.

A orde do día proposta é a seguinte:

1.- Eleccións ao Parlamento de Galicia :
Valoración da posibilidade de presentarnos ou non, acercamento ao resto de forzas políticas para valorar as posibles coalicións, presentación dunha proposta de mínimos, etc.

2.- Comité electoral para as eleccións .
2.1.- Funcións e cargos do Comité electoral.
2.2.- Candidaturas para o Comité electoral.

3.- Elaboración das liñas políticas e equipo de redacción do programa electoral.

4.- Presentación de listas provincias, candidaturas para a presidencia da Xunta

Agardámos pola túa presencia, sempre necesaria e máis ainda nestes días cando máis presente se fai a necesidade dunha renovación na política e nas respostas á crise non so económica senon ecolóxica e social.
Ti es Equo, xuntos somos máis EQUO!

Unha aperta,
Mesa Promotora de EQUO Galicia.

One Comment

  1. Adiante EQUO agardo que puledes pola Fronte Ampla que precisa o pobo galego. Saúdos fraternais!

Deixa unha resposta