CONVOCATORIA ASEMBLEA DE EQUO GALICIA

Benqueridas equocompañeiras e equocompañeiros:
Cun pouco de retraso ao previsto, convocámosvos a Asemblea de EQUO Galicia que terá lugar o vindeiro sábado 19 de maio, ás 16horas, en Santiago de Compostela. A dirección concreta está por confirmar e se vos comunicará o máis pronto que nos sexa posible.

Destacar esta vez a importancia da vosa asistencia, sexades persoas afiliadas ou simpatizantes, xa que é clave para a continuación do proxecto de EQUO en Galicia. Necesitamos estar xuntos para seguir traballando polo futuro dos galegos de hoxe e dos que virán.

A orde do día será a seguinte:
1. Benvida
2. Breve explicación do acontecido desde a última asemblea.
3. Mesa promotora de EQUO Galicia: baixas e sistema de reforzamento.
4. Manifesto (podes ver o debate moderado por Óscar Milego e Elbio Ramos na ligazón)
5. Estatutos (podes ver os debates moderados por Xesús Neira e Xiana GF nas ligazóns:
a.Usos lingüisticos e toponimia (ligazón)
b.Estrutura Territorial (ligazón)
c.Xestión de recursos financeiros (ligazón)
6. Grupos de traballo para a elaboración do Programa Galego de EQUO.
7. Estratexia de crecemento
8. Rogos e preguntas

Para engadir puntos á orde do día envía un mail a equogalicia@proyectoequo.org co asunto “asemblea” antes do mércores 16.
Ti es EQUO, xuntos somos máis EQUO!

Unha aperta,

One Comment

  1. A asemblea terá lugar no Restaurante “Paz Nogueira” na Rúa Castiñeiriño, 14-16, Santiago de Compostela

Deixa unha resposta