Convocada Asemblea de EQUO Galicia o 2 de febreiro

EQUO Galicia

CONVOCATORIA
ASEMBLEA DE PERSOAS AFILIADAS E SIMPATIZANTES
EQUO Galicia


Sábado 2 de febreiro do 2013
ás 16:30
Santiago de Compostela
no Restaurante Paz Nogueira, rúa Castiñeiriño, 14 – 981 59 20 16

 

Benqueridas equoamigas e equoamigos:

Reunida a mesa de EQUO Galicia no martes 22 de febreiro en Vigo, consideramos que tendo en conta que na data prevista para a celebración do congreso (que era o 23 de febreiro)  terá lugar a xuntanza da Mesa Federal de EQUO e as manifestacións convocadas para o mesmo día, cremos convinte pospor o Congreso para a fin de semana do  9 e 10 de marzo.

Pola mesma facemos a convocatoria dunha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA o sábado 2 de febreiro pola tarde (hora a confirmar) en Santiago de Compostela (local a confirmar) coa seguinte orde do día:

  1. Elección de duas persoas afiliadas (en paridade) como representantes de EQUO Galicia na Mesa Federal de EQUO.
  2. Preparación do 1º Congreso de EQUO Galicia.
  3. Rogos e preguntas.

En relación co punto 1 da orde do día proposta informámosvos de que o periodo de presentación de candidaturas para cubrir vacantes de representantes de EQUO Galicia na Mesa Federal queda aberto. Mandarase noutro correo as indicacións necesarias para o proceso electoral.

Unha aperta,

Mesa EQUO Galicia

 

Deixa unha resposta