Convocada asamblea de EQUO Pontevedra, luns 28 de novembro de 2011

DATA: 28 de novembro de 2011
HORA: 19h
LUGAR: Local de Amigos da Terra de Vigo (r/ Policarpo Sáinz, 17 1ºD)

Tralas eleccións do 20N, EQUO Pontevedra SEGUE! Na nosa próxima asamblea debatiranse temas tan importantes como as actividades e a organización de EQUO Pontevedra tralas eleccións, así como a posibilidade de crear EQUO Galicia coas outras provincias. A orde do día aínda está aberta a suxestións na Equomunidade. Entra e bota unha ollada! Ou achégate á asamblea do próximo luns para participar de primeira man no debate e toma de decisións.

Deixa unha resposta