Constituída a Mesa Provincial de EQUO Pontevedra (e outras novas)

Queridos EQUOs e EQUAs da provincia de Pontevedra,

Estamos contentos de anunciar que queda constituída a Mesa Provincial de EQUO Pontevedra. A Mesa Provincial está formada por 6 persoas:
– Coordinación Provincial: Xiana García Freire e Óscar Milego Fernández
– Tesourería: Daniel Magaz Llamas e Ángel Montero Campos
Comunicación: Dolores (Loli) Tobío Sueiro e José Emilio (Kiko) Torrado Bula

Ademáis, constituímos un Grupo de Comunicación Externa, que apoia a función dos Responsables de Comunicación. Este grupo está composto por: unha Administradora do Blog (Xiana García Freire), unha Administradora de Redes Sociais (Susana Soto Fernández), e un Responsable de Prensa (Antón Lois Estévez).

Por outra banda, estamos a traballar na construción de grupos locais de acción e difusión, así como na creación de EQUO Galicia en conxunto coas outras provincias. Por último, anunciar que a nosa coordinadora provincial, Xiana García Freire, asisitirá en representación de EQUO Pontevedra á Asamblea da Mesa Federal de EQUO, que se celebrará o 17 de decembro en Sevilla.

De momento nada máis. Seguímosvos animando a que participedes a través da Equomunidade e a que participedes nas actividades que convoquemos.

Saúdos eQuánimes.

One Comment

  1. Pingback: Xa temos Estatutos! | EQUO Pontevedra

Deixa unha resposta