Chamamos a cidadanía a participar nun Orgullo LGTB 2013 máis reinvindicativo que nunca

A pesar dos avances acadados nos últimos anos, como o matrimonio igualitario, son todavía moitas as persoas LGTBI que seguen a ter problemas no seu ámbito de traballo ou de estudo a hora de expresar a súa sexualidade, sobre todo en idades temprás. Por iso, este ano a temática do Orgullo céntrase na mocidade, baixo o leva ‘Mocidade sen armarios’ coa que EQUO Galicia e a RQX (Rede EQUO Xove) queren mostra o seu apoio.

O partido EQUO e o seu referente xuveníl, a RQX, esixe o compromiso da Xunta e dos concellos coa instauración de políticas de prevención e respecto á diversidade nos centros escolares así coma programas formativos para educadores sobre esta realidade que garanta unha atención eficaz e o establecemento de protocolos nos centros para dar resposta aos ataques lgtbfóbicos que se dean nas aulas; así como a volta da materia de Educación para a Cidadanía que garanta a educación en valores e en Dereitos Humanos.

EQUO Galicia quere denunciar o gravísimo problema que segue a ter un colectivo moitas veces marxinado e atacado, especialmente no rural, onde radica unha dificultade especial para darlle visibilidade ao colectivo LGTB, sobretodo ás mulleres.

Ademáis, EQUO Galicia e a RQX considera imprescindible visibilizalas diferentes realidades sexuais e de xénero en Galicia, así como conseguir o respaldo, apoio e implicación da Xunta cos colectivos LGTB na loita pola igualdade e a non discriminación.

EQUO Galicia e a RQX anuncia a súa participación activa na manifestación do Orgullo LGTBI de Vigo o sábado 29 convocada pola asociación Nós Mesmas. Facemos un chamamento á participación coa que nos mobilizaremos contra a política conservadora, contra o heteropatriarcado e a LGTBIfobia eclesiástica.

Por todo isto, EQUO Galicia e a RQX consideran que as celebración do Orgullo son datas de vital importancia porque queda todavía moitos campos abertos para acadar una normalización do colectivo LGTBI a pesar dos avances dos últimos anos.

manual de uso6

Deixa unha resposta