EQUO organiza unha carreira de medios pola Semana europea da mobilidade

QUE É UNHA CARREIRA DE MEDIOS?

Unha carreira de medios de transporte é aquela na que as persoas participantes utilizan distintos medios de transporte para percorrer un mesmo traxecto. Para determinar cal é o medio máis eficiente analizaremos o tempo necesitado non só no percorrido senón tamén para chegar ata o vehículo e para aparcar correctamente o medio de transporte correspondente. Outro factor que axuda a valorar a eficiencia é o custe, non só do combustible senón tamén de gastos como billetes, aparcamento… Pola Semana europea da mobilidade. EQUO. Mobilízate! Reinicia a túa vila

CANDO VAI SER?

O martes 24 de setembro, ás 18.00 horas con saída na Praza de América (diante da biblioteca).

PERCORRIDO

SAÍDA: Praza de América (diante da Biblioteca) PUNTO INTERMEDIO: Porta do Sol CHEGADA: Mercado do Calvario

MEDIOS DE TRANSPORTE

Nesta carreira imos utilizar sete medios de transporte:

  • A pé.
  • Bicicleta.
  • Bicicleta eléctrica.
  • Motocicleta.
  • Coche particular.
  • Taxi.
  • Autobús urbano.

QUERES PARTICIPAR?

Invitámoste a acompañarnos durante a carreira, pero tamén podes facer o percorrido establecido pola túa conta e pasarnos os resultados. Só hai tres regras moi sinxelas:

  1. Tes que indicarnos o tempo necesario, incluíndo a chegada ata o medio de transporte, o traxecto e o tempo necesario para aparcar o vehículo. Como mínimo precisamos a hora de saída e a hora de chegada a cada punto.
  2. Tes que indicarnos o custe do desprazamento. Por exemplo, no caso do vehículo privado, o combustible e o prezo do aparcamento (cando teña que pagar ORA ou aparcamento).
  3. Tes que respectar as normas de circulación aplicables a cada un dos medios de transporte empregados.

COMO CHE FOI?

Contanos a túa experiencia aquí mesmo, a través das redes sociais ou nun correo-e a equopontevedra@proyectoequo.org

2 Comments

  1. Eu vou facelo a pé (e con can, xa que no transporte público non podo viaxar con el)
    Hai que apuntarse na saída ou cómo é?

    • Ola Fernando:
      Grazas polo teu interese. Non fai falta anotarse. O martes 24 ás 18 horas saíremos da Praza de América e estaremos encantados de que nos acompañedes (ti e o teu can). É certo que moverse con mascotas pola cidade é complicado. Tes algunha suxestión sobre como se podería mellorar isto? Saúdos,

Deixa unha resposta