Cambia Europa, escolle verde. #votaEQUO*!

EQUO é un partido con poucos recursos económicos porque a nosa financiación vén so das cotas da afiliación e das pequenas doazóns dos simpatizantes. Por iso para esta campaña exprimimos a nosa imaxinación e aportamos moita ilusión estando nas rúas contando as nosas propostas cara a cara e escoitando as preocupacións das persoas do común, unímonos ás accións que propoñen as Plataformas coas que traballamos entre campaña entre outras cousas.

Deixámosvos aquí unha pequena mostra do que levamos feito na primeira semana de campaña.

En Galicia, EQUO somos unha pequena gran familia e apoiamonos uns aos outros todo o posible. Aquí a presentación de Primavera Europea en Ourense, xunto a Por un mundo más justo (PUM+J) e Demos+ no Ateneo ourensán logo de estar pola tarde na rúa do Paseo cunha mesa informativa.

Presentación de Primavera Europea*! en Ourense

Sumámonos a “Primavera de Cabral” onde os veciños nos mostran a nós e a toda a cidadanía viguesa que se sumou á festa que “o monte é para disfrutar, non para malversar”.

Desde EQUO apoiamos o monte comunal como forma ótima de xestión dos recursos forestais ademáis de reclamar o trato do monte coma un recurso de futuro para crear emprego sostible na comarca.

EQUO*! cos veciños defendendo o monte de CabralEQUO Ponvetevedra asiste á V Andaina na defensa do monte Galiñeiro para reclamar a súa protección como Parque Natural.

É preciso unha aposta decidida polas enerxías renovables en Galicia e en Europa, máis debemos coidas de instalalas en zonas nas que no se perxudique a biodiversidade e se protexa as zonas de paso de aves migratorias. Non debemos esquecer que se os parques eólicos galegos fosen actualizados tecnolóxicamente poderíamos obter moitos máis kilowatios sen afectar máis zonas naturais.EQUO*! na V andaina na defensa do monte GaliñeiroEQUO leva as propostas de Primavera Europea polas vilas pontevedresas coma Redondela, Vilagarcía, Cambados, Pontevedra, Vigo. Chegamos ata onde nos permiten os nosos recursos, pero cada vez a máis sitios e sempre coa mesma ilusión.   EQUO*! en Redondela EQUO*! na rúa Principe en Vigo EQUO*! en Navia, Vigo. EQUO*!  na rúa Principe, VigoEQUO*! de bici-roteiro por Pontevedra

A resposta das persoas que se achegan ás mesas de EQUO é moi positiva, ou ben coñece o noso proxecto e quere saber máis ou cando escoita as nosas propostas quere coñecer o noso proxecto. Gusta sobre todo oir que somos o Partido Verde Europeo, que pensamos en clave europea e que pedimos máis democracia nas institucións e empregos en sectores verdes que garantan un mellor futuro social e medioambiental.EQUO*! en Navia, Vigo.

 

 

Deixa unha resposta