Bicicletada Campaña Galicia 2020

O sábado 4 de xullo realizaremos un percorrido en bicicleta polas rúas da Coruña. Sobre dúas rodas visibilizaremos a mensaxe de EQUO Galicia para as eleccións autonómicas de 2020.
Realizaremos varias paradas durante o roteiro, para coñecer algunhas das propostas que EQUO quere levar ao Parlamento galego.
 
Será unha actividade aberta a todo o que queira sumarse e sen apenas desniveis para que sexa máis fácil. Pero por motivos de organización, é importante saber o número aproximado de participantes.
Tamén queremos saber se es dos que queren participar pero non ten bici, ou non a pode levar por diferentes motivos. Nese caso e, dependendo de cantos se atopen nesa situación, trataríamos de conseguir bici para participar no roteiro, aínda que non o podemos asegurar de antemán.
 
Outra forma de participar, se non te sentes cómodo sobre a bici, é acudir aos puntos de encontro nos que se deterá o roteiro. Serán no Cantón Grande, xunto ao Obelisco e no final, na Praza de Lugo. 
 
Agradecémosche que enchas o seguinte formulario. Os teus datos de contacto só son por se necesitamos poñernos en contacto contigo.
 
BICICLETADA CAMPAÑA GALICIA 2020
Sábado, 4 de xullo. A CORUÑA
 
10:30 h. Praza de San Cristóbal (estación de Renfe): Encontro e preparación das bicis.
11:00 h.  Lectura do texto sobre mobilidade sostible e Inicio do roteiro.
Percorrido por: Os Mallos, Elviña, Catro Camiños, Cantóns, A Marina, San Andrés, Riazor, Cidade Escolar e fin na Praza de Lugo.
Duración aproximada: 2 horas.
 
Participa na bicicletada ! 
REVERDECE O PARLAMENTO !